Ortigueira culminará a programación da súa axenda cultural de outubro coa celebración do Samaín e o tradicional Magosto
· Entre as actividades para este mes inclúense actuacións teatrais, contacontos, música en directo e un monólogo do humorista Luís Piedrahita. Ortigueira contará durante o mes de outubro cunha axenda cultural cargada de espectáculos humorísticos, actuacións teatrais, contacontos e música en directo que culminará o día 30 coa tradicional celebración do Samaín e o Magosto. …